A Sociedade deportiva Compostela-Tambre-Lengüelle coa colaboración da Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a Federación Galega de Atletismo, organiza o domingo 21 de xullo de 2024 a terceira edición da Carreira Camiño Inglés, que constará de dúas probas.
1. Aproba da media maratón (21 KM) partirá ás 10:00 horas desde a Igrexa de Ardemil (Concello de Ordes) https://goo.gl/maps/YHaWXcRVj4qhs58K7?coh=178572&entry=tt seguindo a ruta do Camiño Inglés
2. Haberá outra proba de 10 KM que partirá tamén ás 10:20 horas de Ponte Pereira- Área de Lecer de Os Carabelos (Concello de Ordes) https://goo.gl/maps/awACwXDhV8A6ZSxT8?coh=178572&entry=tt seguindo a ruta do Camiño Inglés.
A meta será para as dous probas a mesma, e estará situada ao carón da Piscina Municipal de Sigüeiro, Camino Inglés 7, 15888 Sigueiro, Concello de Oroso. A Coruña. https://goo.gl/maps/vaLDsUtD6NB5MHVcAcoh=178572&entry=tt
Contaremos con dúas probas para a rapazada:
1. Circuíto de 3 KM para rapaces e rapazas de entre 14 a 17 anos (cumpridos o día da proba) que partirá ás 12:30 horas ao carón da Piscina Municipal de Sigüeiro, Camino Inglés 7, 15888 Sigueiro, Concello de Oroso https://goo.gl/maps/vaLDsUtD6NB5MHVcA?coh=178572&entry=tt
2. Circuíto de 1,5 KM para rapaces e rapazas de entre 10 a 13 anos (cumpridos o día da proba) que partirá ás 12:45 horas ao carón da Piscina Municipal de Sigüeiro, Camino Inglés 7, 15888 Sigueiro, Concello de Oroso https://goo.gl/maps/vaLDsUtD6NB5MHVcA?coh=178572&entry=tt
As incricións xa están abertas en www.carreirasgalegas.com.
Agardámoste!